20 março 2012

CRÓNICA REJECTED YOUTH EM GALIZA



Facer unha crónica do que a priori ía ser unha caralludisima fin de semana, e o que é ainda peor, facer unha crónica do que foi unha caralludísima fin de semana non é nada doado, e por que?, se preguntará vostede, docto lector…pois a resposta é sinxela, debido a circunstancias que todos podemos intuir, o mellor vai quedar no tinteiro, así que si te quedas con ganas de mais (a verdade é que non confío tanto na miña prosa para que así sexa), pois te aguantas e a próxima vez vas ostia!!!, que a algúns para sacarvos da casa hai que chamar aos bombeiros!!!

Xira de tres dias por Galiza dunha das mellores bandas europeas do momento: Rejected Youth, de Nüremberg eles, unha xente da ostia, cuns cantos discos de boa música e mellores letras e actitude, ainda que non moi coñecidos por estes lares, viñan a gastos, enrrollados, boa peña e moi interesados en coñecer a realidade de aquí e flipando porque apenas escoitaran falar do noso noxento a par que marabilloso país (Galiza).

Montaba o choio “Galiza em punk”, colectivo de colegas galegos metidos no punk co que teño a sorte de colaborar de cando en vez, e como bandas locais, estarían Nobodys Fool (logo os poñerei a caldo, con unto, por suposto) e  Skarmento, si, eses 4 fulanos dun sitio con nome de asador e que venderían á sua nai, e á túa tamén, por unha cachucha con chourizos ceboleiros…aos seus integrantes non os vou presentar: a),quero sair da casa dentro de 15 minutos e b), non me sae de aí…Skarmento acompañaron aos alemáns no seu show compostelano, na sala Moon, sobre 80 persoas, pogo, xente moi nova e bo rollo, e os do Deza tocando as mellores cancións do seu último cd: “Vixía as costas”, “Caos night”, “Seguiremos sendo”(esa do videoclip na que Chispon parece o puto sheriff de Lalín) , “Goodfellas”, “Seguimos fuxindo” (ese tema flipante que me pon a galiña de pel), o seu hit “Vento mareiro” e “Están ardendo as rúas”.Ainda por riba lle mandaron un par de temas novos e pecharon con “Entre Paredes” de La Resistencia /Delincuencia Sonora. Facía tempo que non tocaban na capi e de dez: compactos, contundentes, rápidos….para min de 10….e ademais tiven a sorte de gozar da compaña do seu vocalista sex symbol gran parte de noite…pero iso queda no noso fondo de armario de chismorreos….

E logo viñeron os alemáns…se non os coñeces, non esperes mais…con influencias que van de Kennedys a Rancid na época do “Lets go” (pola velocidade mais que nada), presentaban o seu disco “Fuck tje consent”, o mais melódico de todos, ainda que no concerto repasaron toda a súa discografía (5 Lps as suas costas e non me equivoco, incluido un dvd en directo que paga moito a pena)…temas que tocaron?, pois se non os coñeces non che van servir de nada pero aí van e asi o comprobas “Freedom is the goal”, “Himno Trinchera”, “Antifascista”, “Champagne for the poor”, “Refuse /Resist”, “No Police state coalition”, “Black Army”. O seu cantante tentou falar en español co público e ainda por riba tiveron o detallazo de tentalo co galego…en fin, pogo, final apoteósico co habitual levantamento de frontman, birras,e  fin de noite no tolo…e ata aquí podo ler.

Día seguinte a Lalin, os alemáns resacosos e repetindo show, con menos peña e mais acoplada pero agradecendo o esforzo do grupo por dar un bo “chou”, de feito, obrigaron aos Reejected a tocar un “bis” anfetaminico que a uns cantos nos deixou flipou…que mais comentar de Lalin?, peña moi novo tamén, a excepción de dous vellos mariñeiros de auga doce, Alfaia, e o señor Polas que foi o encargado de montar o asunto…e como esquecer o cus-cus vegano que lle mandou Angel…e que mais?, ah si!, Os Nobodys Fool, nova banda da escuderia dezana que lle dan a un streetpunk melódico moi

guapamente, tres fulanos de sobra coñecidos com Cris (batera de Second Army), e que lle pega unha chicha á baterría que xa quixera o Lars Ulrich, e Rubén, baixista de Skarmento, Die Ultima que aquí toca a guitarra (finamente!!!) e canta tamén moi guai, ,mais melódico de ao que nos ten acostumado, pero da ostia (ademais o cabron compón que flipas)…Ao baixo Zala, un tipiño que se defende moi,moi, moi ben co baixo é que parece o fillo de Jimmy Quadrophenia….En fin, a min os Nobodys molanme que ostias!, o seu nome ven dunha cancion dos Vicious Rumours (que cravan por certo) e se marcaron unha version punk dun tema de Jimmy Cliff que me provocou unha lixeira excitación sexual……Os temas propios?, son en inglés, que quizais sexa o que menos me chama, pero dame polo ojal, estan da ostia, influencias…a min sonarome a Guvnors, Bonecrusher e incluso Badlands…de puturrú de fua vamos…..De lalin, pouco mais?, non fumos ao Orly polo que non hai nada mais que dicir…Ao dia seguinte a Vigo, onde ambas bandas repetiron, con mais xente que en lalin…a Farandula como sempre acollendo estes concis, o mitico zumbao que poguea, o indio sacando fotos e o varo berrando exabruptos, que mais podes pedir???, pois podes pedir que o conci o monte panderetas, que ambas bandas o fixeran dabuti e que despois houbera unha pinchada no Irmandinhos….en fin, os alemáns se deron a paliza con ganas de repetir….e nos???, nos tamén, calquera fin de semana entre amigos, sen chorradas, con xente que cre no DIY, no que corra a cervexa, que coñeces xente de casa cristo e te reencontras cos da casa, ben paga a pena……para o ano, Rejected Youth again!!!!!

Asdo: PnC  Post Mortem

Nenhum comentário:

Postar um comentário