31 março 2011

O proximo 9 de Avril em Vigo "Ruben Lopez & The Diatones"

Uma grande nova para os amantes do Ska, Reggae e Rock Steady que poidam achegarse o dia 9 de Avril à Sala Iguana Clube de Vigo porque alí actuaram "Rubén López & The Diatones" banda residente em Barcelona que mistura a voz de Rubén Lopez (cantante de Malarians, Peepings Toms, Los Calaveras, secret army...) e o som de The Diatones curtidos em grupos como; de Kinky Cocoos, Flight 404, The Oldians, etc.
A noite começara no Bar Sant Pauli de recente apertura na rúa Cuba nº 2, apartires das 20:00, onde poderedes degustar cervejas e pinchos ao ritmo dos vossos estilos musicais preferidos.
A actuaçom começará sobre as 00:00 na Iguana, cum preço em porta de 10 € puidendo mercalas por anticipado por 8€. Cabe destacar que o remate da actuaçom nom quer dizer que remate a festa já que na mesma sala passarase musica jamaquina até a madrugada
Venda anticipada em Ponte Vedra em Carnaby e o L.S Revira.
.

19 março 2011

Entrevistas Tristes e Curtas apresenta a "We Ride"






1-Ola que tal?
Todo ben por Vigo, ainda un pouco sorprendidos polas preguntas directas que nos facedes na entrevista.

2-Saistes alguma vez no dossier do Rash ou aspirades a sair em ele?
Que nos sepamos non. En relación a isto, sabemos que nun foro de Madrid acusárannos de ser un grupo que debería estar no dossier xa que Mimi (cantante) nun concerto dixera: “non importa a roupa que leves ou con quen andes…” cousa que foi mal interpretada por algún madrileño, non sabemos moi ben porque, e que por sorte todo o mundo no foro rectificou o seu ideal sobre nos; finalmente o individuo admitiu o ser erro.

3-Dado a dificultade para enquadrar em algum estilo musical, como definiriades a vossa música?
Nos non o vemos tan difícil, facemos hardcore, nin máis nin menos; non nos queremos meter no old school, new school, etc … simplemente Hardcore.

4-Presentadevos e dicidenos quem é o rarito do grupo e porque?
We Ride somos catro: Brais (batería) Victor (baixo), Borja (guitarra) e Mimi (voz). O máis raro sempre depende do momento pero parece ser que está bastante disputado o posto.

5- Definete sem ambigüedades:
Solfeo Vs Tablaturas
Hardcore e punk = tablaturas sempre.

Fifa Vs Pro
Pro!

Hombre Vs Mujeres Vs Viceversa

PP Vs Psoe
Mesma merda, distinto cheiro.

6- Quanto cobrades?
Non se fala disto tan directamente pero o diñeiro non sempre é o máis importante.

7- A que grupo, cidade ou pessoagem tedeslhe tinha e porque?
En todalas cidades nas que levamos tocado tratousenos de luxo polo que de momento non temos queixa sobre ningún sitio en concreto. Quizás o único que lle temos un pouco de tiña e chegar a Portugal e que empecen as probas de sonido ou os concertos 2 ou 3 horas máis tarde do falado; aínda así Portugal é a nosa segunda casa.

8- Montachedes o grupo porque senom nom molhabades nem pa´Deus? Funcionou?
Todos os membros xa tiñamos outras bandas antes de We Ride (Sekía na Ría, Losthopes, Dead Romeo, …) así que se non funcionou ate o de agora non vai funcionar nunca.

9- De que cançom avergonhadesvos mais e por que?
De ningunha, xa que cando estamos compondo algo e non nos gusta, deixamos ese tema de lado e empezamos con algo novo.

10- Na vossa localidade há alguma associaçom que faga algo parescido ao que facemos nos?
Como xa saberedes, Crew, está a VHC. Promotoras de concertos hai varias, a máis cercana a nos e This World Promotions (Borja).

11- Que foi o máis extranho que vos passou em um concerto? Alguma anecdota?
En febreiro de 2010 tiñamos unha xira cunha banda holandesa (All For Nothing) pero o día antes o comezo desta canceláronlle os voos e tivemos que facer a xira sen eles.
O chegar a Madrid, miramos que dende primeira hora había un tío, con pinta de ser estranxeiro, na porta da sala que levaba unha mochila máis grande ca él. Có paso das horas, él nos veo a preguntar que donde estaban All For Nothing; o enteirarse de que se quedaran en Holanda o tío púxose pálido e nos explicou que viña dende Alemania, que se había quedado sen diñeiro e que contaba de que All For Nothing, amigos dél, lle deixasen algo de diñeiro para coller un avión de volta dende Barcelona.
O final lle demos 30€ para que se collera un autobús ata Barcelona. Cando se iba, o chaval volve e nos pide unha camiseta e unha demo, todo isto gratis claro.
A este tema lle demos moitas voltas as semanas posteriores.
O fin da historia chega cando o verán pasado nun festival no que tocamos en Alemania nos apareceu no concerto e nos devolveu todo o lle habíamos deixado.. un crack!

12- Tocariades para nós?
Con que teñades un salón grande na vosa casa e creas que a policía vai tardar uns 40 minutos, máis ou menos, en chegar, SI!

13- Carta branca para preguntarvos o que queirades
Para cando ese concerto entonces??
Ánimo con a Crew.
WE RIDE

13 março 2011

Entrevistas Tristes e Curtos apresenta a "Skarmento"



1- Ola que tal?

Pois bastante ben... e ti?

2- Saistes alguma vez no dossier do Rash ou aspirades a sair em ele?

Pois non saimos e agardamos que ese tipo de acontecementos censores non se volvan a repetir. Parécenos patético ver como moitos de esos mesias levan agora camisolas e mercan discos desas bandas que fai un tempo eran para eles tan pouco recomendables e pretenden pasar desapercibidos... Temos moitos amigos aos que este tipo de caza de bruxas fixolles bastante dano na sua vida privada...

3- Dado a dificultade para enquadrar em algum estilo musical, como definiriades a vossa música?

Tendo en conta as influencias máis fortes que temos... o noso é algo así como punk –no que a contido das letras se refire-, rock –na meirande parte dos ritmos das nosas cancións- e streetpunk –polo carácter de rúa que teñen esos temas-. Non buscamos a aprobación de discográficas, radios, festivais... Polo de agora mantémonos ao marxe de todo iso... e xa pasaron dez anos, así que seguramente sigamos así.

4- Presentadevos e dicidenos quem é o rarito do grupo e porque?

Skarmento somos Adrián á guitarra, Chispón á batería, Rubén ao baixo e Ángel á voz. Somos moi iguais en cousas relativas ó grupo e tamén moi diferentes noutras... coido que iso é algo que vai enriquecendo o noso son. O que está claro é que cada un ten as súas rarezas, o que queira coñecelas que veña a Lalín para vernos no noso habitat.

5- Definete sem ambigüedades:

Solfeo Vs Tablaturas
Coido que no local de Skarmento nunca cruzaron a porta ningunha das duas opcións... De tódolos xeitos saber música sería moi interesante. Pódese calificar esta de resposta ambigua?.
Fifa Vs Pro
Adrián e Rubén son máis de Pro… os demáis non xogamos e especialmente Ángel non sabe nin como coller o mando.
Hombre Vs Mujeres Vs Viceversa
Sempre mulleres... e iso que os Viceversa tamén nos gustan moito: Tu piel morena sobre la arena nadas igual que una sirena.
PP Vs Psoe
Calquera dos dous... somos verdadeiros fans destos dous grupos.

6- Quanto cobrades?

Moito! Tanto que nin vos molestedes en chamarnos porque non imos ir. A vos que vos parece?. Non temos pensado vivir disto, así que o primeiro que pedimos é un trato exquisito... unha cea cunhas cervexas e un trato como o que lle dariades a uns colegas. Por suposto que tamén pedimos algo para os gastos que surxen, xa que non vivir disto non quere dicir que sexamos unha ONG.

7- A que grupo, cidade ou pessoagem tedeslhe tinha e porque?

Duas bandas ás que odiamos son Última Sacudida e Tiro Na Testa... ós primeiros por ter compartidos tantos concertos e noites e ós segundos por, aparte de polo mesmo que ós primeiros, por ser o noso primeiro referente no mundo do punk. Váleche a resposta?.
Unha cidade para odiar é sen dúbida Pontevedra... ese cheiro, esa mala xente... e en canto a unha persoaxe odiable... sen dúbida un tal Gordo Cabrón de Vigo, unha desas ratas rapadas que viven nesa cidade inmunda. Biquiños para todas.

8- Montachedes o grupo porque senom nom molhabades nem pa´Deus? Funcionou?

Si, claro que funcionou... un camerino con Skarmento convírtese nunha festa chea de mulleres, alcohol e drogas duras. Quen o dubida?.

9- De que cançom avergonhadesvos mais e por que?
Coido que de ningunha, cada tema tivo un momento e un por que. Arrepentirse do que fas non é sensato. Hai cousas que se poden mellorar, pero escoitando os tres discos que temos editados, podemos ver unha evolución da cal estamos moi orgullosos.

10- Na vossa localidade há alguma associaçom que faga algo parescido ao que facemos nos?

Aquí máis ou menos entre as bandas e os colegas imos montando cousas. Polo de agora podemos dicir orgullosos que trouxemos grandes bandas a tocar e que estamos organizando con éxito case todo o que se fai...

11- Que foi o máis extranho que vos passou em um concerto? Alguma anecdota?

Chegar a un sitio no que a duas horas de comezar o concerto soamente estaba montado o escenario e que á hora de comezar estivese, como por arte de maxia, todo listo e con centos de persoas agardando polos grupos – esto pasounos fai anos en Zizur (Pamplona)- ... iso é algo raro e estupendo que nos pasou. Mellor recordar as cousas boas e deixar de lado as malas...

12- Tocariades para nós?

Que se nos tocariamos para vós... non o dubidedes!

13- Carta branca para preguntarvos o que queirades

Graciñas á xente da boa vila de Pontevedra que nos fai máis levadeiros os días aparecendo de xeito masivo en páxinas web de humor... Agardamos vervos pronto.

05 março 2011

Entrevistas Tristes e Curtas presenta a "NoSurrender"

Pois começamos o ciclo de "Entrevistas Tristes e Curtas" com este grupo do norte da NAÇOM que longe de darnos largas e passar das nossas preguntas chorras contestaronnos prestos e dispostos em tempo record, a ver se cunde o exemplo no resto das formaçons musicais. Podedes visitalos aquí-> http://www.myspace.com/nosurrendergz



1- Ola que tal?

Ben, e ti? dasme un cigarro?


2- Saistes alguma vez no dossier do Rash ou aspirades a sair em ele?

Agardamos que non oh!


3- Dado a dificultade para enquadrar em algum estilo musical, como definiriades a vossa música?

Pois iso depende de a que membro lle preguntes, porque cada un che dira unha cousa distinta, pa algun soa punk 80's, pa outro mais onda street punk, outro di que punk pop pa a ver se se liga a algunha emo ....no que si nos poñemos de acordo e que somos unha trapallada de carallo.


4- Presentadevos e dicidenos quem é o rarito do grupo e porque?

Somos No Surrender, vidos de la muy noble y muy leal Lacoruneno. O grupo esta formado por Aaron aos tambores, Mikel a un trebello con 4 cordas, Carlos di que toca a guitarra e logo de cantante meteron a un notas que atoparon no Rus (lexendario antro coruñes) que se animaba a vocear cun micro a cambio duns carajillos de balde. O rarito e o baixista, pero prefire mantelo en segredo.


5- Definete sem ambigüedades:

Solfeo Vs Tablaturas

Tablaturas e iso onde che indica onde tes que colocar os dedos no mastil non? daquela iso, quedamos coas tablaturas, que o outro soame a frikis de conservatorio

Fifa Vs Pro

Eses xogos capitalistas non van con nos, nos matamos a tarde xogando a billarda

Hombre Vs Mujeres Vs Viceversa

O baterista fixera o casting, non sei en que quedou a cousa, preguntadelle un dia

PP Vs Psoe

PSOE con Pacu Vazquez que te somos de La Curuña hombre!



6- Quanto cobrades?

No ultimo concerto tocamos por uns bocadillos de lacon e unha tortilla. Despois de ver a nosa actuacion pareceulles que fixeran un despilfarro


7- A que grupo, cidade ou pessoagem tedeslhe tinha e porque?

Jorge Javier Vazquez e Javier Bardem, recolleriamos firmas para que os bukkakease Moaña enteiro


8- Montachedes o grupo porque senom nom molhabades nem pa´Deus? Funcionou?

Foi polo unico que se formou a banda. Tras esgotar o resto de vias para ligotear a algunha inxenua rapariga, un dia nas festas de Maria Pita vendo a Juan Pardo como lle lanzaban bragas e sujetadores decidimos que queriamos ser uns rompecorazons coma el. Hai un ano cando fixemos o noso primeiro bolo levabamos cadansua caixa de condons recen mercada e ainda contabamos ter que pedir prestado algun. As caixas seguen sen estrear.


9- De que cançom vos avergonhades mais e por que?

"Condeado". E ridicula pero tocamola porque e a unica que nos sae medio ben.


10- Na vossa localidade há alguma associaçom que faga algo parescido ao que facemos nos?

Non, polo de agora non sabemos de ningunha asociacion na Coruña que se adique a facer preguntas impertinentes


11- Que foi o máis extranho que vos passou em um concerto? Alguma anecdota?

Somos uns pringuis, non temos anecdotas memorables. Ainda que as rapazas contamoslles cousas inventadas para facernos os interesantes.


12- Tocariades para nós?

Si, pero dadenos unha empanada ou pulpo, que o lacon xa nos aburre


13- Carta branca para preguntarvos o que queirades

Moitas grazas por esta divertida entrevista e moita sorte con todos os futuros proxectos do voso colectivo

Vemonos nos bares!

01 março 2011

Concerto Solidario para os Nenos sedentos de Dom Ramiro

Como á feira do cocido de Lalim atraeu moitos turistas os nenos de Dom Ramiro e mais concretamente os de Skarmento, Ultima Sacudida e Second Army nom puiderom catar nem cocido nem nada, e como só há uma cousa da que gostem mais que de tam patrio e delicioso manjar, decidirom fazer um concerto solidario com eles para que puidesem encherse bem enchidos de cebada em forma liquida e todo tipo de bebidas espirituosas. O tal evento celebrarase no "Pub Camden" de Lalím o dia 12 de Março ás 22:00H, nom sabemos a rúa mais deve ser pola que vai polo medio da vila.
Para colaborar com tam filantropico fim os assitentes só teram que abonar a insignificante quantidade de 5€ que nestes tempos de bonanza nom é nada para um cidadam medio.
Para rematar só lembrarvos que se vides por auto-estrada ou autovía, que também chegam até Lalim, nom vos excedades de 110 km que multam e assim aforrades combustivel para aumentar a vossa aportaçom no evento.