20 Março 2012

CRÓNICA REJECTED YOUTH EM GALIZA



Facer unha crónica do que a priori ía ser unha caralludisima fin de semana, e o que é ainda peor, facer unha crónica do que foi unha caralludísima fin de semana non é nada doado, e por que?, se preguntará vostede, docto lector…pois a resposta é sinxela, debido a circunstancias que todos podemos intuir, o mellor vai quedar no tinteiro, así que si te quedas con ganas de mais (a verdade é que non confío tanto na miña prosa para que así sexa), pois te aguantas e a próxima vez vas ostia!!!, que a algúns para sacarvos da casa hai que chamar aos bombeiros!!!

Xira de tres dias por Galiza dunha das mellores bandas europeas do momento: Rejected Youth, de Nüremberg eles, unha xente da ostia, cuns cantos discos de boa música e mellores letras e actitude, ainda que non moi coñecidos por estes lares, viñan a gastos, enrrollados, boa peña e moi interesados en coñecer a realidade de aquí e flipando porque apenas escoitaran falar do noso noxento a par que marabilloso país (Galiza).

Montaba o choio “Galiza em punk”, colectivo de colegas galegos metidos no punk co que teño a sorte de colaborar de cando en vez, e como bandas locais, estarían Nobodys Fool (logo os poñerei a caldo, con unto, por suposto) e  Skarmento, si, eses 4 fulanos dun sitio con nome de asador e que venderían á sua nai, e á túa tamén, por unha cachucha con chourizos ceboleiros…aos seus integrantes non os vou presentar: a),quero sair da casa dentro de 15 minutos e b), non me sae de aí…Skarmento acompañaron aos alemáns no seu show compostelano, na sala Moon, sobre 80 persoas, pogo, xente moi nova e bo rollo, e os do Deza tocando as mellores cancións do seu último cd: “Vixía as costas”, “Caos night”, “Seguiremos sendo”(esa do videoclip na que Chispon parece o puto sheriff de Lalín) , “Goodfellas”, “Seguimos fuxindo” (ese tema flipante que me pon a galiña de pel), o seu hit “Vento mareiro” e “Están ardendo as rúas”.Ainda por riba lle mandaron un par de temas novos e pecharon con “Entre Paredes” de La Resistencia /Delincuencia Sonora. Facía tempo que non tocaban na capi e de dez: compactos, contundentes, rápidos….para min de 10….e ademais tiven a sorte de gozar da compaña do seu vocalista sex symbol gran parte de noite…pero iso queda no noso fondo de armario de chismorreos….

E logo viñeron os alemáns…se non os coñeces, non esperes mais…con influencias que van de Kennedys a Rancid na época do “Lets go” (pola velocidade mais que nada), presentaban o seu disco “Fuck tje consent”, o mais melódico de todos, ainda que no concerto repasaron toda a súa discografía (5 Lps as suas costas e non me equivoco, incluido un dvd en directo que paga moito a pena)…temas que tocaron?, pois se non os coñeces non che van servir de nada pero aí van e asi o comprobas “Freedom is the goal”, “Himno Trinchera”, “Antifascista”, “Champagne for the poor”, “Refuse /Resist”, “No Police state coalition”, “Black Army”. O seu cantante tentou falar en español co público e ainda por riba tiveron o detallazo de tentalo co galego…en fin, pogo, final apoteósico co habitual levantamento de frontman, birras,e  fin de noite no tolo…e ata aquí podo ler.

Día seguinte a Lalin, os alemáns resacosos e repetindo show, con menos peña e mais acoplada pero agradecendo o esforzo do grupo por dar un bo “chou”, de feito, obrigaron aos Reejected a tocar un “bis” anfetaminico que a uns cantos nos deixou flipou…que mais comentar de Lalin?, peña moi novo tamén, a excepción de dous vellos mariñeiros de auga doce, Alfaia, e o señor Polas que foi o encargado de montar o asunto…e como esquecer o cus-cus vegano que lle mandou Angel…e que mais?, ah si!, Os Nobodys Fool, nova banda da escuderia dezana que lle dan a un streetpunk melódico moi

guapamente, tres fulanos de sobra coñecidos com Cris (batera de Second Army), e que lle pega unha chicha á baterría que xa quixera o Lars Ulrich, e Rubén, baixista de Skarmento, Die Ultima que aquí toca a guitarra (finamente!!!) e canta tamén moi guai, ,mais melódico de ao que nos ten acostumado, pero da ostia (ademais o cabron compón que flipas)…Ao baixo Zala, un tipiño que se defende moi,moi, moi ben co baixo é que parece o fillo de Jimmy Quadrophenia….En fin, a min os Nobodys molanme que ostias!, o seu nome ven dunha cancion dos Vicious Rumours (que cravan por certo) e se marcaron unha version punk dun tema de Jimmy Cliff que me provocou unha lixeira excitación sexual……Os temas propios?, son en inglés, que quizais sexa o que menos me chama, pero dame polo ojal, estan da ostia, influencias…a min sonarome a Guvnors, Bonecrusher e incluso Badlands…de puturrú de fua vamos…..De lalin, pouco mais?, non fumos ao Orly polo que non hai nada mais que dicir…Ao dia seguinte a Vigo, onde ambas bandas repetiron, con mais xente que en lalin…a Farandula como sempre acollendo estes concis, o mitico zumbao que poguea, o indio sacando fotos e o varo berrando exabruptos, que mais podes pedir???, pois podes pedir que o conci o monte panderetas, que ambas bandas o fixeran dabuti e que despois houbera unha pinchada no Irmandinhos….en fin, os alemáns se deron a paliza con ganas de repetir….e nos???, nos tamén, calquera fin de semana entre amigos, sen chorradas, con xente que cre no DIY, no que corra a cervexa, que coñeces xente de casa cristo e te reencontras cos da casa, ben paga a pena……para o ano, Rejected Youth again!!!!!

Asdo: PnC  Post Mortem

05 Março 2012

CRÓNICA CONCERTO EVIL CONDUCT


O evento já levaba tempo marcado entre os concertos que há que ir ou ir, ubicado no local Boston Arms de Tufnell Park (pola porta situada na parte traseira do local que dá á sala de festas do mesmo, nós fumos pola dianteira e case entramos a uma pinchada House que havia no local principal) ainda que as pintas dos da porta era parecida em ambos eventos. Capacidade apróximada do local 500 persoas comodamente e 600 com problemas de espazo para os que gostam de estar na parte traseira de braços cruçados e apertura de pernas ao mais puro estilo american western, ben acondicionado, con sala modelo camara de gás para fumadores pero o que si se botou em falta já que estamos no primeiro mundo é o serviço de roupeiro.

Falando do ambiente diremos que moi saludavel sobre 200 pessoas ou algo mais número mais que aceitavel para a quantidade de eventos que coinciden cada fim de semana, aquí ser um malvado tatuado ata as ingles e o pan de cada dia e a gente polo geral nom tem que demostrar que é o mais malo do evento, incluso podense escoitar ao pasar polo teu carom, um excuse me! ou sorry mate!, incluso dentro do alcoolismo existente no 99,9999% periodico puro dos axistentes.

Falando do evento concretamente pois que dizer que as hamburguesas com patacas do Sr Turko do lado da parada de Manor House son boas, baratas e o gicho eche moi falador e as cervejas do Pakistaní do lado do concerto cundiron mais do que custarom, e isso é o que podo contar dos 4 primeiros grupos já que ainda que começou tarde nom sei se chegamos cedo e despois tocaron esses 4 grupos em tempo record ou tentamos fazernos á ideia de que era assim para poder sair a embriagarnos como é debido e depois uma cousa levou a outra e o espaço tempo mudou a nossa perceiçom.

Chegamos á metade de The Guv`nors um grupo que musicalmente é decente pero tem bastantes carencias, começando polos video clips cutrons que se marcan e rematando porque o cantante movese menos no esceario e com menos graça que um mojon seco. Polo tanto eu doulhe um 6,75 e se fai um trabalho de reforço ponholhe o notavel.




E por fim chegou o momento de Evil conduct, a sensaçom previa era entre incertidume de se compensaria o pastom gastado e sobre todo jubilo e alegría semenlhante á da juventú do papa coa visita a España do santo pontifice. Polo tanto igual a puntuaçom do evento já esta um pouco condicionada, mais bom, procurade, comparade e se encontrades uma opiniom que vos pareça melhor, que vos dem polo cú!!!

Aguardaba algun tema mais do RULE O.K. que é o que me pom palote agora mesmo junto com o mitico King of Kings e sengundo lembro agora só botaron as míticas das que fizerom videoclips “Home Sweet Home” e “Skinhead till I die” e polo demais de cada disco as cançons ao meu entender que mais encenden ao público, semelha que ao ser en London o festi quixeron por tuda a carne no asador e assim foi.




Pola minha parte penso que tivem um primeiro achegamento moi emotivo com o cantante quando ao estar um ao carom do outro e entrelazarse as miradas acompanhado isto com um silencio incomodo só ocorreseme a min dizerlhe: Pois pareze que nom viu moita gente, nom? Ao que el contestou com um gesto que daba a entender algo assim como: Eche o que há amijo!!!.



Pouco mais ocorrerou, post-pinchada á que na que nom ficou nem o tato já que fechaba o metro, umas poucas cervejas mais em Candem Town, revisitamos ao amijo turko que debe viver na trastenda porque sempre esta alí ao pé do canhom e casinha que ao dia seguinte havia que madrugar para colher o autocarro de volta.





05 Fevereiro 2012

28 Dezembro 2011

Crónica express do Concerto SECRET ARMY + SAMESUGAS + NODOBY´S FOOL


Mais de uma semán depois do concerto do ano em Ponte Vedra (tempo mais que necesario para repornos da festa) tentaremos fazer um resumo do que foi o evento, ainda que quase excusamos de fazelo já que alí estivo quase todo o mundo, tanto os que nom perdem um concerto como os que nom aparecem nem aos postres. Todo começou entrado o meio día quanto tivemos que ir buscar ao grupo catalan ao aeroporto, os quais pareziam algo surprendidos pelas inclemencias meteorológicas, o que vem sendo um dia estupendamente soleado para nós para eles era un frio e insufrivel día invernal.
Chegados a Ponte Vedra  com o tempo justo para comer, a mesa estava servida e nos postres os barceloneses premiarom com elogios o nosso bom fazer culinario comparando-o sobre tudo com anteriores vivencias em outras partes do mundo o qual animou á crew para seguir prácticado o DIY gastronómico em próximos eventos.

Sem tempo para muito mais e entrados nos primeiros compases da tarde iniciamos a nossa marcha para o Liceo Mutante onde ía a producirse o evento e em aquela altura aguardabannos os grupos (nobody´s fool + samesugas, os secret army considerarom melhor rascala durmindo a siesta ou fazendo cousas que nem quixemos preguntar já que tocabam cos instrumentos de prestado), para iniciar as provas de som, neste ponto nom podemos deixar de agradecerlhe a Rubén (Don ramiro) os seus conhecementos de logistica os quais forom aplicados para montar todo o tenderete, polo que esto debería reportarlhe pontos extra nas oposiçons á telegaita.

Como anunciamos todo estava presto para iniciarse ás 21H por normativa da sala e a vicinha do lado. Ás 20:30 já tinhamos asistentes entrando pola porta polo que todo auguraba uma boa entrada, bom isso e ás mais de 60 entradas anticipadas, suponhemos que isto sería polo amor á musica da gente e as boas intençons que o natal inspira ano trás ano e nom pelos continuo spam feito por nós dias trás dia desde fai 2 meses.

Ás 21:15 começou o primeiro grupo NOBODY´S FOOL, os debutantes chegados desde Don ramiro que demonstrarom que esta currando altamente neste projecto e polo ouvido neste concerto nom nos vam deixar indiferentes com o passo do tempo.A súa posta em escea foi composta por 11 temas propios e 2 versons a que lhe dá nome ao grupo original do grupo Vicious Rumours e “The harder they come” de Jimmy cliff. Nom som moi guapos pero vinherom limpos e parace que som trabalhadorinhos.

Depois de um breve descanso foi a turma dos compostelanos SAMESUGAS, que dizer deles, chegarom com um novo Lp baixo o braço (deveriades mercalo porque é umas das joias patrias musicais que arrepentiredesvos de nom ter mais tarde ou cedo,http://lixourbano.com/ ) e um público já rendido ante eles por anticipado, e nom decepcionarom a verdade caldearom o ambiente como o que mais e brindaronnos unha actuaçom de uma hora aproximadamente que deixou a tudo o mundo com um doce sabor de boca.

Quando só ficava uma hora para que as badaladas de media noite convertisem este grande concerto e uma orgía de alcool e depravamento, chegou a hora do grupo estrangeiro SECRET ARMY, os chavales pesse aos seus exitosos grupos anteriores e os exitos acumulados com este som do mais campechanos, nom tenhem moitas esixencias e paranse com todo o mundo para assinar autografos e para fotografarse (as vezes mal que lhes pesse :D). Qué dizer da actuaçom, presentarom temas novos como o que já está colgado pela rede “uprising” pero a gente botouse enrriba de eles com os seus clássicos ( Top boys, Secret army, Misty days...), coreando, bailando e recibindo em agradecimento pola calurosa bem-vinda desde a bateria camisolas e algum disco dos seus anteriores trabalhos.

Penso que o evento nom defraudou a ninguem, um dato objectivo de que isto foi assim é que todo mundo seguiu exaltado e animado até incluso depois de que a bilha da cerveja rompese e tivesemos que seguir bebendo uma horrivel cerveja de lata de dubidosa procedencia.

Só fica desde a nossa organizaçom agradecer a presenza de toda a gente que alí estivo e o bom ambente que criarom, aos grupos por ser tam humildes e deixarse levar por nós e pola nossa precaria situaçom, a Raphita pola súa colaboraçom no tema logístico, aos que colaborarom a que chegasemos a onde nom podiamos, a Iago da Guarda ao que com este gesto aguardamos que se lhe abrande o coraçom e nos ceda alguma foto e a tudos os que se nos olvidam pero que estam nos nossos coraçons, a todos vós... QUE DEUS VOLO PAGUE, POR QUE O QUE VEM SENDO NÓS...!!!

03 Dezembro 2011

Entradas à venda



Já temos as entradas à venda e cedo poremos em outros lugares e localidades. Os locais som:

Ponte Vedra
- Carnaby (Luns - Sábado)
11:00 - 14:00 e 17:00 - 20:30
- O Gato Gordo (Luns - Venres)
12:00 - 15:30 e 19:00 - Feche
(Sabado)
12:00 - 15:30 e 20:00 - Feche
Vigo
- Honky Tonk (Luns - Sábado)
10:30 - 13:30 e 17:00 - 20:30
- St. Pauli (Luns - Sábado)
10:00 - 15:30 e 19:00 - Feche

Compostela
- A Reixa (Luns - Venres)
11:00 - 14:00 e 16:30 - 20:30
(Sabado)
11:00 - 14:00

e proximamente

Lalim
- Cervexería O segrel (Todos os dias)
19:00 - Feche

Ourense
- Por-se em contacto por correio punkoivedracrew@gmail.com
na columna direita deste blogue poderedes atopar os lugares onde podedes adquirir as entradas de maneira atualiçada.

Já falta pouco assim que corre que nolas quitan das mans!