09 agosto 2012

CRÓNICA RESURRECTION FEST 2012




Que se vamos…que se non… que se veña que dan bo tempo… bueno vai, tiramos… Neso se resume máis ou menos as asembleas en tanto en cuanto á decisión de ir ou non a ese evento que algún califica como o mellor Festival de hardcore do estado e no pódium dos Festivais europeos sen entrar ao trapo nas eternas e sesudas discusión de si eso é hardcore ou non, que si patapín e patacán, que sí comercial ou non, que desfile de poseurs e outras lides… xa que, amigas lectores, dende hai anos non hai Festival, entendidos como estas cousas grandes con ducias de bandas, ao que se vaia a sentir, digo sentir non escoitar, música. Esos palcos, ese  “bo” son, esa marabunta de “xente” e esas pulpeiras dentro do recinto ….impiden que se este ao que se ten que estar. Outras cousas o compensan como son ver a colegas de diferentes partes do mapa, tomarse unha cañas ao sol, mirar mozas lindas e desternillarse desa re-evolución humana mal asimilidada e digna de estudo que se pode atopar nesa fermosa vila que é Viveiro.

Ao tema. Xoves nasti de plasti que un xa vai vello e con familia. Pena non ver a Nasum e  pouco máis. Xente con criterio comenta que Agnostic Front mal como nos teñen acostumados…E  é que que unha banda  que cunha ducia de traballos, algúns  realmente bos,  e cun set list se quixer máis que digno peche un concerto co Blitzkrieg bob di pouco da traxectoria decadente xeral. Que o Pirri de Escola de Odio cando quixer lle quitaba o posto a ese Disaster no que se converteu Miret tamén é un feito.  Converge seica o deron todo pero o son non acompañou.

Ás 19:00 chegamos nós a Viveiro soando Unheart, escapamos tan lonxe como puidemos e vimos unha carpiña pequena pequena ao lado da rampa dos skaters e o escenario pequeno, valga redundancia,  onde tocaba unha xoven banda de Ourense facendo o mesmo  que fai todo o mundo con esas pintas pero sumamente mal, o cal non é problema se o pasan ben xa que eran moi novos e deso se trata, pero caer nos tópicos de pedir un Wall of Death sendo o que eres é algo pretencioso. Unha tónica a de todas as bandas andar a pedirlle cousas ao público que chega a aburrir. Dirixismo centralista que diría Trotsky. De todas formas un acerto darlle a oportunidade as bandas novas ou locais de tocar, ogallá as condicións sexan as que exixía Jello Biaffra a finais dos ochenta para os grupos locais que compartían cartaz coa súa banda….Chao pescao e dar un rule ao merchan.
 Pouca cousa: saúdar a colegas e facer por coñecer a non tan colegas, fuck you escoria. Os postos? Moita roupa e non tanta música e o de sempre, se pillo un lp que fago con él? O deixo para mañá. Silencio, Againt Me saen a colocarse e proban uns acordes,  imos coller sitio. O primeiro que chama a atención e comentas entre colegas é o hormonazión/cambio de sexo do seu cantante Tom Gabel, pero de ahí a chamarlle guapa sen parar e facer deso un circo a berros como facía moita da xente que estaba ao noso lado, sen distinción de xénero, hai un treito…seguimos na mesmas: non lle pidamos peras ó olmo. Against Me comezan un pouco suaves pero xa ó terceiro tema rompen a desengrasar os seus hits dos para min mellores álbumes que, para romper a tónica dominante, son os dous últimos; como lles pasa á maioría de bandas estadounidenses de punkrock superproducidas do dous mil cara adiante, pero claro… logo hai que defendelo no directo e Against Me souperon facelo. O punkrock desta xente ten toques clásicos de folk americano e incluso bromeábamos se tocarían algo menos das catro horas que se anda marcando o seu compatriota e admirado según algunas entrevistas  Bruce (the boss), tamén seguindo a tónica de bandas yankees como DKM ou Social Distortion.  O dito White Crosses, I was a teenage anarchist ou Rise and Bread fixeron disfrutar ao respectable. Para min nin tanto nin tan mal… tampouco son fan… notable baixo.  Os seguintes eran os míticos e brutos Municipal Waste. Parece mentira que unha banda que leva só dez anos nese mundillo teña tanto carisma pero así é. Comezaron o seu espectáculo de hardcore con toques trash, con unas pintas de puta madre e facendo alegatos entre canción e canción a pásalo ben (a súa maneira: bebendo e facendo o cabra), a facer o zombi,  e a non a ir de gangsta sendo da casa de por riba da miña e con catro coches no garaxe. Soar non soaba ben, para que engañarse; e a música xa de por sí ruidosa e pouco “definida” (eso existe?) convertíase en moitos momentos en excavadoras do (puto) AVE. A xente dixo que non tocaran moitas do seu último disco (2009) e sí dos seus anteriores traballos. Según me comenta un freak da banda o seu disco máis valorado é o Hazardous Mutation, despois do cal xiraron con SOIA. En fin Serafín, boa apertura para os fans de Suicidal dos cales as gorras contabanse por miles, non así os que coñecían as cantigas. Ala, que ven S.A. e xa se nota no aforo: o recinto vese petado e hai moita xente, bo momento para ir á barra máis lonxana, pedir uns bocatas e contarnos un pouco a vida coa xente que te vas atopando. S.A. nunca me gustaron e non recordo que tocaran moitas da única cinta que teño  Y ese que tanto habla…sí recordo Ratas, e que pecharon con Nos vimos en Berlín (non sei se se chama así). Chegaba a hora do prato forte do día para unha gran maioría  (Suicidal Tendencies)  e señoras e señores, non defraudaron en absoluto. Liderados por un Mike Muir excepcional que non deixou de correr dun lado cara outro do escenario, de animar á xente e de encadenar hit tras hit que mamporreaban a un volumen exaxerado nas nosas forellas.  Suicidal non son uns calquera: a parte de ser os pioneiros do crossover, jevis con bermudas na miña vila, foron unha das primeiras bandas en despuntar no mundillo undreground yankee, e aupados por skaters, directores de cine que contaron con eles e cadenas musicais de éxito, así coma de un bo puñado de MOI BOS discos conseguiron facerse un nome na escena que pese aos anos, a vellez e os divorcios siguen defendendo concerto tras concerto que, por outra banda e como é lóxico, cada vez son menos. Pechaba a banda que servidor quería ver, os DESCENDENTS. Quería velos porque me gusta o hardcore melódico e teñen un dos mellores temas escritos do xénero como é Nothing with you, porque me gusta o punkpop e como pouco pretenciosos adoran aos Ramones e porque en xeral a súa actitude tampouco me desagrada en demasía para o que nos diferencia espazo temporalmente. Levei un chasco.A  moita xente lle encantou ese concerto pero sen ganas de ir de sobrado creo que é que non os controlan en demasía: mezclaron temas das súas “dúas” épocas para contentar a un público moi heteroxéneo, olvidaronse de moitos hits do seu último longo Cool to be You, e esa frescura que os caracteriza tampoco é que estivera moi presente entre parón e parón para non dicir nada.  Non nos vamos a enganar, estiveron ben e foi no único grupo no que me movín e inlcuso me acheguei a un pogo demasiado xoven e etílico para min, pero esperaba máis.Rematou a xornada e para casa, que o Sábado era outro día.

Na chegada do Sábado estaba acabando o seu concerto a banda de punkrock algo descafeinado Good Ridannce. Só lle puiden oír  3 ou 4 temas e é unha banda que non controlo, de feito era a primeira vez que os oía, pouco podo contar. O último tema adicoullo a un colega falecido esa mesma semana.
Acabou e partimos rápidamente a ver esa máquina destructura que son Berri Txarrak e aiquí sí que hai que pararse a explicar un dous máis dous. Poden vostedes comprobar que nestas podres liñas que levamos, en xeral, as bandas que tocaban no escenario pequeno tiñan mal sonido, o que pode facer pensar que a culpa era única e exclusivamente do equipo…excusa como cando lle contabas a madre que che sentou mal a hamburguesa despois dunha caixa de quintos e tres cubatas, a hamburguesa non axudou pero non tivo a culpa….. Berri Txarrak saíron coas súas camisetas extrañas, coas súas pintas de non xogar ao fútbol no patio do colexio e coas súas letras escritas nesa língua de bárvaros,e con ganas de facer mover a todo cristo. E arrasaron. É difícil pensar como unha telecaster, un precisión, unha batería e unha voz ESPECTACULAR poden deixar en evidencia a vinte pico bandas que ata o momento pasaran polo Festival…
Berri Txarrak berran pero non atronan, son melódicos pero non ñoños, fante sentir sen entender absolutamente nada e, en definitiva, teñen algo que o noventa por cento das bandas non teñen. A parte de que tocando son uns fenómenos. Dorkotokan Mendean, 1512 e unha ducia de temas sucedíanse ata que, para finalizar, chamaron a un colega a cantar unha última peza. Non atendimos a presentación e me gustaría que alguén me puidera decir quen era, vaia fenómeno… Unhas primeiras palabras modosiñas e moi educadas pedindo un circle pit (arghh) xa facían notar a chaladumbre que impregnaba a ese ser e, na primeira nota, unha montada bárbara: xestos epilépticos, saltos, lanzamentos de micro máis altos que as de cinta das Olimpiadas, baixada ao público e caos total, eso foron os Berri. Os únicos que falaron en galego aínda habendo bandas galegas.
Saímos moi rápido a coller sitio para outro prato forte, Anti Flag. Era a “miña” segunda banda do día e as expectativas eran altas. Da lástima facer as crónicas de Anti Flag e Berri seguidas xa que parece me paso de efusivo e todo o contrario, simplemente foron o mellor do Festival e deuse a casualidade de que tocaron seguidos. O primeiro que me chamou a atención de Anti Flag foi a súa corta edade… pensei eran máis vellos ou danlle duro a nívea, unha de dúas. O concerto foi unha puta exaxeración, todos os seus hits encadenados sen un só erro, unha empatía só jodida polos abundantes “olaaaaa españaaa”, “ más fuerte España” e cousas similares polos cales  á organización lles tería que caer a cara de vergoña. Repito, todos sabemos o que hai no Resu e non vou a desproticar… prefiro que haxa Resu a que haxa touradas ou concertos de Bisbal, e incluso me parece moi ben que haxa xente que poida vivir do que lle gusta, neste caso montar un Festival na súa vila. Pero ten que haber un mínimo. Non falo de DIY, de non ter patrocinadores, ou renunciar a unha subvención porque non vivo nos mundos de yupi. Falo de apoiar o galego algo máis que Amancio Ortega, de poñer uns precios na barra que se adecúen ao bolsillo da peña (que non é unha ocupa, pero 2 euros caña en plástico é a ostia) e falo de que sí ven tocar Anti Flag que é unha banda TOTALMENTE política lle expliques a situación que hai aquí para non deixalos quedar como mongólicos porque realmente non o son. Die for your govermenet, fuck the pólice, e demais proclamas ante a cara de asombro dalgúns compañeiros de cartel que os vían no escenario (non é a primeira vez que lles pasa, cancelaron xira con DKM) sucederonse entre tema e tema de tódolos seus discos máis un novo. Nota negativa: demasiados paróns pedindo circle pit, singalones,  aplausos e caralladas, parecía o show de Milikito joder. Algo de espontaneidade para o público. Curiosidades:
-          Un tío subíu dúas veces ao escenario e o botaron, aínda que os Anti Flag o mandaron voltar para darlle unha aperta. Mítico.
-          Queixaronse de que a banda de COVERS (textual) de Dead Kennedys tocara no escenario pequeno, dicindo que os verdadeiros Dead tiñan que estar e tocando no grande.
-          Acabaron o concertó montando dous circos contudentes: o primeiro a elección da versión: Should I Stay or Should I Go da que o cantante dixo era a súa banda favorita (outro minipunto). O segundo foi que o batería desmontou (bueno, os pipas) toda a batería para acabar tocando entre o público, un cristo bastante curioso.
Un nove.
Correndo a coller sitio para DK. Espectativa, nervios, a intro, saen….decepción. Non vou escribir moito máis. Eso foi unha tomadura de pelo, unha trapallada decepcionante da que non só ten culpa a non voz de Jello: apáticos, secos, mal son, set list descompensado… fixeron que abandonara de moi mala ostia ou decepcionado en xeral o sitio do concerto. Recordar a Jello en Compostela e ver agora ese chiste daba que pensar….
Quedaban At the Gates e Hatebreed. Fun coller algo de comer e vin a xente quentando facendo capoeiras, remangando tattoos, e axustando bandanas. Basta por este mes, momento de irse….agridulce sabor de boca de bos e malos concertos, de que nos festivales hai exponencial, cuantitativa e cualitativamente maior porcentaxe de ñus que noutro tipo de eventos tipo  concentracións de xogadores de rol ou buscadores de setas e co firme propósito de, con axuda de Ángel, embarcarme nun novo proxecto audiovisual e escrito titulado: pola realfabeitización do “underground”: o teu ídolo le, ti tamén podes. Ata outra se cuadra, Resu.

Iago
06/08/2012


Desde o blogue queremos agradezer a colaboraçom a Iago Atentes que fai que este reactivase depois de uma longa noite de pedra que tem pinta de voltar.

BSO: The Pogues / Greatest Hits.

Nenhum comentário:

Postar um comentário