13 março 2011

Entrevistas Tristes e Curtos apresenta a "Skarmento"



1- Ola que tal?

Pois bastante ben... e ti?

2- Saistes alguma vez no dossier do Rash ou aspirades a sair em ele?

Pois non saimos e agardamos que ese tipo de acontecementos censores non se volvan a repetir. Parécenos patético ver como moitos de esos mesias levan agora camisolas e mercan discos desas bandas que fai un tempo eran para eles tan pouco recomendables e pretenden pasar desapercibidos... Temos moitos amigos aos que este tipo de caza de bruxas fixolles bastante dano na sua vida privada...

3- Dado a dificultade para enquadrar em algum estilo musical, como definiriades a vossa música?

Tendo en conta as influencias máis fortes que temos... o noso é algo así como punk –no que a contido das letras se refire-, rock –na meirande parte dos ritmos das nosas cancións- e streetpunk –polo carácter de rúa que teñen esos temas-. Non buscamos a aprobación de discográficas, radios, festivais... Polo de agora mantémonos ao marxe de todo iso... e xa pasaron dez anos, así que seguramente sigamos así.

4- Presentadevos e dicidenos quem é o rarito do grupo e porque?

Skarmento somos Adrián á guitarra, Chispón á batería, Rubén ao baixo e Ángel á voz. Somos moi iguais en cousas relativas ó grupo e tamén moi diferentes noutras... coido que iso é algo que vai enriquecendo o noso son. O que está claro é que cada un ten as súas rarezas, o que queira coñecelas que veña a Lalín para vernos no noso habitat.

5- Definete sem ambigüedades:

Solfeo Vs Tablaturas
Coido que no local de Skarmento nunca cruzaron a porta ningunha das duas opcións... De tódolos xeitos saber música sería moi interesante. Pódese calificar esta de resposta ambigua?.
Fifa Vs Pro
Adrián e Rubén son máis de Pro… os demáis non xogamos e especialmente Ángel non sabe nin como coller o mando.
Hombre Vs Mujeres Vs Viceversa
Sempre mulleres... e iso que os Viceversa tamén nos gustan moito: Tu piel morena sobre la arena nadas igual que una sirena.
PP Vs Psoe
Calquera dos dous... somos verdadeiros fans destos dous grupos.

6- Quanto cobrades?

Moito! Tanto que nin vos molestedes en chamarnos porque non imos ir. A vos que vos parece?. Non temos pensado vivir disto, así que o primeiro que pedimos é un trato exquisito... unha cea cunhas cervexas e un trato como o que lle dariades a uns colegas. Por suposto que tamén pedimos algo para os gastos que surxen, xa que non vivir disto non quere dicir que sexamos unha ONG.

7- A que grupo, cidade ou pessoagem tedeslhe tinha e porque?

Duas bandas ás que odiamos son Última Sacudida e Tiro Na Testa... ós primeiros por ter compartidos tantos concertos e noites e ós segundos por, aparte de polo mesmo que ós primeiros, por ser o noso primeiro referente no mundo do punk. Váleche a resposta?.
Unha cidade para odiar é sen dúbida Pontevedra... ese cheiro, esa mala xente... e en canto a unha persoaxe odiable... sen dúbida un tal Gordo Cabrón de Vigo, unha desas ratas rapadas que viven nesa cidade inmunda. Biquiños para todas.

8- Montachedes o grupo porque senom nom molhabades nem pa´Deus? Funcionou?

Si, claro que funcionou... un camerino con Skarmento convírtese nunha festa chea de mulleres, alcohol e drogas duras. Quen o dubida?.

9- De que cançom avergonhadesvos mais e por que?
Coido que de ningunha, cada tema tivo un momento e un por que. Arrepentirse do que fas non é sensato. Hai cousas que se poden mellorar, pero escoitando os tres discos que temos editados, podemos ver unha evolución da cal estamos moi orgullosos.

10- Na vossa localidade há alguma associaçom que faga algo parescido ao que facemos nos?

Aquí máis ou menos entre as bandas e os colegas imos montando cousas. Polo de agora podemos dicir orgullosos que trouxemos grandes bandas a tocar e que estamos organizando con éxito case todo o que se fai...

11- Que foi o máis extranho que vos passou em um concerto? Alguma anecdota?

Chegar a un sitio no que a duas horas de comezar o concerto soamente estaba montado o escenario e que á hora de comezar estivese, como por arte de maxia, todo listo e con centos de persoas agardando polos grupos – esto pasounos fai anos en Zizur (Pamplona)- ... iso é algo raro e estupendo que nos pasou. Mellor recordar as cousas boas e deixar de lado as malas...

12- Tocariades para nós?

Que se nos tocariamos para vós... non o dubidedes!

13- Carta branca para preguntarvos o que queirades

Graciñas á xente da boa vila de Pontevedra que nos fai máis levadeiros os días aparecendo de xeito masivo en páxinas web de humor... Agardamos vervos pronto.

Nenhum comentário:

Postar um comentário