19 março 2011

Entrevistas Tristes e Curtas apresenta a "We Ride"






1-Ola que tal?
Todo ben por Vigo, ainda un pouco sorprendidos polas preguntas directas que nos facedes na entrevista.

2-Saistes alguma vez no dossier do Rash ou aspirades a sair em ele?
Que nos sepamos non. En relación a isto, sabemos que nun foro de Madrid acusárannos de ser un grupo que debería estar no dossier xa que Mimi (cantante) nun concerto dixera: “non importa a roupa que leves ou con quen andes…” cousa que foi mal interpretada por algún madrileño, non sabemos moi ben porque, e que por sorte todo o mundo no foro rectificou o seu ideal sobre nos; finalmente o individuo admitiu o ser erro.

3-Dado a dificultade para enquadrar em algum estilo musical, como definiriades a vossa música?
Nos non o vemos tan difícil, facemos hardcore, nin máis nin menos; non nos queremos meter no old school, new school, etc … simplemente Hardcore.

4-Presentadevos e dicidenos quem é o rarito do grupo e porque?
We Ride somos catro: Brais (batería) Victor (baixo), Borja (guitarra) e Mimi (voz). O máis raro sempre depende do momento pero parece ser que está bastante disputado o posto.

5- Definete sem ambigüedades:
Solfeo Vs Tablaturas
Hardcore e punk = tablaturas sempre.

Fifa Vs Pro
Pro!

Hombre Vs Mujeres Vs Viceversa

PP Vs Psoe
Mesma merda, distinto cheiro.

6- Quanto cobrades?
Non se fala disto tan directamente pero o diñeiro non sempre é o máis importante.

7- A que grupo, cidade ou pessoagem tedeslhe tinha e porque?
En todalas cidades nas que levamos tocado tratousenos de luxo polo que de momento non temos queixa sobre ningún sitio en concreto. Quizás o único que lle temos un pouco de tiña e chegar a Portugal e que empecen as probas de sonido ou os concertos 2 ou 3 horas máis tarde do falado; aínda así Portugal é a nosa segunda casa.

8- Montachedes o grupo porque senom nom molhabades nem pa´Deus? Funcionou?
Todos os membros xa tiñamos outras bandas antes de We Ride (Sekía na Ría, Losthopes, Dead Romeo, …) así que se non funcionou ate o de agora non vai funcionar nunca.

9- De que cançom avergonhadesvos mais e por que?
De ningunha, xa que cando estamos compondo algo e non nos gusta, deixamos ese tema de lado e empezamos con algo novo.

10- Na vossa localidade há alguma associaçom que faga algo parescido ao que facemos nos?
Como xa saberedes, Crew, está a VHC. Promotoras de concertos hai varias, a máis cercana a nos e This World Promotions (Borja).

11- Que foi o máis extranho que vos passou em um concerto? Alguma anecdota?
En febreiro de 2010 tiñamos unha xira cunha banda holandesa (All For Nothing) pero o día antes o comezo desta canceláronlle os voos e tivemos que facer a xira sen eles.
O chegar a Madrid, miramos que dende primeira hora había un tío, con pinta de ser estranxeiro, na porta da sala que levaba unha mochila máis grande ca él. Có paso das horas, él nos veo a preguntar que donde estaban All For Nothing; o enteirarse de que se quedaran en Holanda o tío púxose pálido e nos explicou que viña dende Alemania, que se había quedado sen diñeiro e que contaba de que All For Nothing, amigos dél, lle deixasen algo de diñeiro para coller un avión de volta dende Barcelona.
O final lle demos 30€ para que se collera un autobús ata Barcelona. Cando se iba, o chaval volve e nos pide unha camiseta e unha demo, todo isto gratis claro.
A este tema lle demos moitas voltas as semanas posteriores.
O fin da historia chega cando o verán pasado nun festival no que tocamos en Alemania nos apareceu no concerto e nos devolveu todo o lle habíamos deixado.. un crack!

12- Tocariades para nós?
Con que teñades un salón grande na vosa casa e creas que a policía vai tardar uns 40 minutos, máis ou menos, en chegar, SI!

13- Carta branca para preguntarvos o que queirades
Para cando ese concerto entonces??
Ánimo con a Crew.
WE RIDE

Nenhum comentário:

Postar um comentário