28 fevereiro 2011

Crónica Pennycocks+Second Army (25/02/2011) por PnC Post MOrtem

Non sei se escoitar aos crust para facer unha crónica do conci que os Pennycocks deron na capital (Donramiro capital, lalín sucursal) do Deza é o mais idóneo….pero alá vai…..

Pois iso, unha pequena expedición de moinantes achegamonos a Donra para ver a estes cataláns que tanto soan ultimamente acompañados dos locais “Second Army” que tamén se van facendo un oco no pequeno mundo punk galego…..Antes do festi unhas racións na "Molinera" onde xa estaban os cataláns coa xente de Galiza em punk dándolle á paparota.....tamén aparecía por alí, Crespo, noble alcalde da vila xunto con varios i exquisitos personaxes (coma o que presenta o telexornal en teta5, Piqueras non, a outra mona) ....Tras comer partimos cara a Tarabela, petada de carros aparcados.....punks e skins a mansalva?, non, xentiña que asistía a feira do cocido e o outro concertazo que había na vila, Melendi e Camela. Respecto a Tarabela, penso que para concis está da ostia, xa que ainda que sexa moi pequena ben lle chega e ten unha acústica decente...non é o Orly pero o gharito mola e ten o seu aquel.....

Ao concerto que xa me lío, abriron fogo os “Second Army” cun membro mais nas suas filas (agora tocan con duas guitarras), o son tiña a voz un pouco alta de mais pero respecto a outras ocasións nótaselles unha melloría técnica da ostia, moi acompasados, sen gambas e dominando bastante os instrumentos, tocaron mais de media hora, temas propios, a maioría na lingua de Rosalía e moi boas versións de La Uvi ,“Equivocado” e “Revolución” de Código Neurótico, cravandoa e facendo que o público brincara e coreara moi animadamente......É un grupo que vai madurando e mellorando, na miña opinión deberían de arriscar mais e facer temas un pouco menos liñais, cambiando un pouco o tempo. metendo mais coros e aproveitando que teñen duas guitarras para riffear mais.....xa que ainda que a voz ás veces frouxea un pouco, dominan ben os instrumentos...nótase que están moi ensaiados...o batería pegalle moi fino por certo e creo que deron un bo concerto.....ademais xogaban na casa e iso motiva!.

Chegoulles o turno os “Pennycocks” que para o menda que escribe sacaron un dos mellores singles que sairon no puto estado espanJol en moito tempo...puro punk 77 herdeiro directo de Cortinas e grupos mais tardíos como Undertones e tamén moitos chiscos ao “Mod Revival” que fará que o teu bello anal poñase de punta “mode on” ate atravesar os teus noxentos calzóns, braga, falda, pantalón,etc,etc....Posta en escea impecable cun cantante que fixo flipar bastante á xente cos seus espasmodicos movementos e a súa indumentaria que incluía un parche pirata e un do Nadal a modo fular...o tipiño montou un espectáculo bastante grande ante un público un tanto frío....repasaron todos os temas do ep...incluída a versionaza que se marcan dos Satan Rats, a de “Louie, Louie”que é caralluda...tocaron bastantes temas novos que sonaron moi ben...incluído un cun toque soulero que me deixou flipado e outro que a min particularmente lembroume a Los Salvajes.....o show do voceras ía “in crescendo” cuns compañeiros que lle pedían calma...o escenario estaba asolagado de cervexa debido a varios “accidentes”.....e o tipo a pesares do subidón que lle pegara o likor café non desafinaba unha nota o cabrón.....que voz!, o guitarra, cun estilo sobrio e bonito uniforme de mariscal de campo, pero tamén pegándolle moi fino....o baixista pareceume que tiña un estilazo da ostia....e o batera tamén cundiu, pegábelle moi ben o notas......Pois iso basta de chapa......pecharon coa de “Brakdown” que foi brutal e sendas versións de Clash, Johhny Thunders and The Heartbreakers e o “Sonic Reducer” dos Dead Boys que deixaría ao propio Stiv Bators flipao.....pois iso, ata aí chegou o tema....unha birra, uns saudos e cada un seguiu coa noite como puido/quixo......

A PUNKOi! VEDRA CREW NOM SE FAI RESPONSAVEL DOS COMENTARIOS, CALIFICATIVOS E VALORAÇONS DO AQUÍ ESCRITO. NINGÚM DE NOS PUIDO ACHEGARSE AO CONCERTO E TIVEMOS QUE PILHAR O PRIMEIRO QUE CHEGOUNOS A ESTE BLOG

24 fevereiro 2011

Mini-Gira de Pennycocks por Galiza, 25 e 26 de Fevereiro

A banda catalana de Punk 77´s Pennycocks vem dar uma volta pelo fim do mundo e de passo a compartir festa com engendros de igual calanha tanto em Lalim como em Ourense. No primeiro round enfrontarase na terra do cocido (Lalim) á banda SxE "Second Army" o dia 25 de Fevereiro Sexta feira no Local Social A Tarabela de Donramiro.tendo começo ás 22:30, isso sim desembolsando 5 € em metalico, quedando totalmente proibido fiar.
Ao dia seguinte o 26 de Fevereiro ás 21:30 no CS A Esmorga (Rúa Telleira, 9 de OUrense) os restos da banda catalana que sobrevivam á primeira contenda compartiram esceario com a banda mais cosmopolita e viaxada de toda Galiza "Última Sacudida", é dizer o último intento das bandas de lalim de ter uma banda moderna capaz de tocar em estadios, ou mitines do PP junto a Pig Noise.O preço igual que no dia anterior será de 5 € com as mesmas condiçons.



Este Sabado 26 Concerto em Ourense

Pois o dito este sábado os que estejades perto de Ourense e gostedes do streetpunk Centro-Iberico podedes achegarvos ao Pub Swass da Cidade das termas onde actuaram SUBESTIMADOS ( Streetpunk Madrilenho) acompanhados por 16 BALAS (Streetpunk A Gudinha) e a banda local de Punk Rock BERGALLAZO. A entrada custa 6 € e dará começo ás 20:30.

Crónica do concerto de Skarmento

Na passada Terça-feira 8 de Fevereiro, juntamos um carro e marchamos a Compostela com o fim de ver a Skarmento em concerto e passar um bom momento.

O concerto vimo-lo en umha televissom que estava pintada imitando sangue no borde superior da pantalha. Había tanta xente que nom se podia ver o grupo (a excepçom do televisor, claro).
Skarmento nom defraudou, Punk-Rock potente coma nos tenhen acostumados. Cabe destacar que inovaram e deram uma versión de "Entre paredes de ladrillo rojo" que ninguém esperava e provocou tal excitaçom que um membro da crew se desmaiou da emoción.

Todo perfeito, ainda que temos de dar um tirón de orelhas ao grupo por escolher um lugar tan pequeno para um concerto de esse calibre.


12 fevereiro 2011

Ceia Gastronomico-Musical de Confraternizaçom o 19 de Fevereiro

Qualquer momento é bom para uma paparota e como para fazela nom precissamos motivo nenhum, pois nom o há... Só festejar um encontro com gente próxima a nós, os que sempre estiverom aí quando organiçamos algo, tanto como assistentes fieis como cos seus grupos fazilitando a nossa labor e apostando polo nosso trabalho.

Concretamente o evento será o sábado dia 19 de Fevereiro no Local Social Revira (R/Gonçalo Galhas, 4), terá começo ás 21:30 com viandas de tudo tipo e boas bebidas espirituosas e non tan espirituosas para regala por só 10€, o resto da noite os preços seram económicos. Posteriormente procederemos a realiçar uma pinchada com música de dubidoso gosto durando a festa até altas horas da noite.  Para informarse sobre esta actividade podedes dirigirvos ao nosso correio ---> PunkOivedraCrew@hotmail.com

07 fevereiro 2011

Crónica do concerto de Terror

Esta passada quinta feira as 21:00 com puntualidade hardcoreta comenzou o grandemente aguardado concerto de Backtrack, Lionheart, First Blood e Terror por rigurosa orde de mençom.
O inicio com Backtrack foi algo frio como é habitual com menos da metade do aforo total (sobre 40 pessoas) tendo isto mais que ver coa hora que com a qualidade do grupo inicial. 

Coa entrada em acçom de Lionheart o aforo dobrouse seguindo esta progressom ate o grupo final. O ambiente foise quentando por momentos coa maior participaçom do público, mosheando e trasheando ate quase a dislocaçom vertebral.
First Blood foi um baixom de actitude o qual invertiuse quando empeçarom a tocar os temas do seu primeiro disco (Killafornia), concretamente com o tema "Next Time I See You" continuando com outros tralhaços como "Execution" isto aplanou o caminho do grupo de cabeçalho Terror os quais já tinham ao público aos seus pés depois da grande intervençom de FB.

Por unanimidade consideramos que a actuaçom de Terror foi A-PO-TEO-SI-CA!!! com temas como "Never alone" segunda cançom que fixo segregar fluidos a tod@s @s presentes na sala e por momentos fazer o campo impracticavel. Os aeroespontanemos que se subirom ao esceario para precipitarse sobre a masa merecem mençom aparte já que os seus sobrevoos fizerom perigar por momentos a integridade físicas de varios assistentes, um de eles componhentes da nossa crew que por certo ainda adeveda quotas e nom merece por isso a morte inminente.