28 fevereiro 2011

Crónica Pennycocks+Second Army (25/02/2011) por PnC Post MOrtem

Non sei se escoitar aos crust para facer unha crónica do conci que os Pennycocks deron na capital (Donramiro capital, lalín sucursal) do Deza é o mais idóneo….pero alá vai…..

Pois iso, unha pequena expedición de moinantes achegamonos a Donra para ver a estes cataláns que tanto soan ultimamente acompañados dos locais “Second Army” que tamén se van facendo un oco no pequeno mundo punk galego…..Antes do festi unhas racións na "Molinera" onde xa estaban os cataláns coa xente de Galiza em punk dándolle á paparota.....tamén aparecía por alí, Crespo, noble alcalde da vila xunto con varios i exquisitos personaxes (coma o que presenta o telexornal en teta5, Piqueras non, a outra mona) ....Tras comer partimos cara a Tarabela, petada de carros aparcados.....punks e skins a mansalva?, non, xentiña que asistía a feira do cocido e o outro concertazo que había na vila, Melendi e Camela. Respecto a Tarabela, penso que para concis está da ostia, xa que ainda que sexa moi pequena ben lle chega e ten unha acústica decente...non é o Orly pero o gharito mola e ten o seu aquel.....

Ao concerto que xa me lío, abriron fogo os “Second Army” cun membro mais nas suas filas (agora tocan con duas guitarras), o son tiña a voz un pouco alta de mais pero respecto a outras ocasións nótaselles unha melloría técnica da ostia, moi acompasados, sen gambas e dominando bastante os instrumentos, tocaron mais de media hora, temas propios, a maioría na lingua de Rosalía e moi boas versións de La Uvi ,“Equivocado” e “Revolución” de Código Neurótico, cravandoa e facendo que o público brincara e coreara moi animadamente......É un grupo que vai madurando e mellorando, na miña opinión deberían de arriscar mais e facer temas un pouco menos liñais, cambiando un pouco o tempo. metendo mais coros e aproveitando que teñen duas guitarras para riffear mais.....xa que ainda que a voz ás veces frouxea un pouco, dominan ben os instrumentos...nótase que están moi ensaiados...o batería pegalle moi fino por certo e creo que deron un bo concerto.....ademais xogaban na casa e iso motiva!.

Chegoulles o turno os “Pennycocks” que para o menda que escribe sacaron un dos mellores singles que sairon no puto estado espanJol en moito tempo...puro punk 77 herdeiro directo de Cortinas e grupos mais tardíos como Undertones e tamén moitos chiscos ao “Mod Revival” que fará que o teu bello anal poñase de punta “mode on” ate atravesar os teus noxentos calzóns, braga, falda, pantalón,etc,etc....Posta en escea impecable cun cantante que fixo flipar bastante á xente cos seus espasmodicos movementos e a súa indumentaria que incluía un parche pirata e un do Nadal a modo fular...o tipiño montou un espectáculo bastante grande ante un público un tanto frío....repasaron todos os temas do ep...incluída a versionaza que se marcan dos Satan Rats, a de “Louie, Louie”que é caralluda...tocaron bastantes temas novos que sonaron moi ben...incluído un cun toque soulero que me deixou flipado e outro que a min particularmente lembroume a Los Salvajes.....o show do voceras ía “in crescendo” cuns compañeiros que lle pedían calma...o escenario estaba asolagado de cervexa debido a varios “accidentes”.....e o tipo a pesares do subidón que lle pegara o likor café non desafinaba unha nota o cabrón.....que voz!, o guitarra, cun estilo sobrio e bonito uniforme de mariscal de campo, pero tamén pegándolle moi fino....o baixista pareceume que tiña un estilazo da ostia....e o batera tamén cundiu, pegábelle moi ben o notas......Pois iso basta de chapa......pecharon coa de “Brakdown” que foi brutal e sendas versións de Clash, Johhny Thunders and The Heartbreakers e o “Sonic Reducer” dos Dead Boys que deixaría ao propio Stiv Bators flipao.....pois iso, ata aí chegou o tema....unha birra, uns saudos e cada un seguiu coa noite como puido/quixo......

A PUNKOi! VEDRA CREW NOM SE FAI RESPONSAVEL DOS COMENTARIOS, CALIFICATIVOS E VALORAÇONS DO AQUÍ ESCRITO. NINGÚM DE NOS PUIDO ACHEGARSE AO CONCERTO E TIVEMOS QUE PILHAR O PRIMEIRO QUE CHEGOUNOS A ESTE BLOG

Nenhum comentário:

Postar um comentário